Sendo conscientes de que se están a difundir diferentes versións sobre o despedimento por parte de Altia de 5 traballadores do centro de Santiago de Compostela, dende a candidatura da CIG, da que forman parte os despedidos, queremos aclarar varios puntos sobre o acontecido.
Os 5 despedidos traballan para o mesmo proxecto de Altia, proxecto do que forman parte 22 persoas, e que remata o 30 de xuño. O novo concurso ofertado polo cliente abarca un volume de traballo para 15 persoas e deixa de impoñer á empresa a adaptación dos traballadores ó horario do cliente. Altia gañou este novo concurso, obtendo na parte técnica unha puntuación de 45 sobre 50. Dita parte técnica foi realizada, en gran medida, por dous dos traballadores despedidos, para o que tiveron que adicar horas fora da xornada e traballo e incluso fins de semana.
Posteriormente á resolución de dito concurso, o 31 de maio, Altia comunicou o despido ós 5 traballadores alegando causas obxetivas, é dicir, cunha indemnización de 20 días por ano traballado. Os argumentos expostos pola empresa para a designación dos despedidos foron os seguintes:
• Titulación: os despedidos son un Licenciado en Económicas, un Licenciado en Informática, un Licenciado en Física e dous Enxeñeiros Técnicos en Informática. Titulacións que conforman o 53% da plantilla da empresa.
• Dificultade na recolocación en outros proxectos: 3 dos 5 despedidos teñen participado en anteriores ocasións noutros proxectos. Ademáis a empresa estaba a ofertar no momento dos despedimentos 35 postos de traballo, algúns deles nos que non se require experiencia. En ningún momento a empresa ofreceu a posibilidade dun cambio de proxecto a ningún dos despedidos, nin ningún deles manifestou o seu desacordo co cambio de proxecto e/ou de horario.
• Salarios: existe disparidade entre os salarios dos despedidos.Non pode considerarse causa obxetiva de despido os supostos altos salarios dos traballadores cando a empresa está a facer gala dos seus excelentes resultados económicos no exercicio 2010 e con perspectivas de crecemento. Os afectados son traballadores con anos de experiencia, responsabilidade e capacidade de traballo que ata agora foran puntos valorados pola empresa e cunha retribución acordes ós mesmos, obviamente concedida pola propia empresa.
Sen máis, dende a candidatura da CIG a Comité de Empresa en Altia, recordar que a lista continúa aberta a quen queira unirse, e que para calquera dúbida relacionada coa candidatura oou co proceso de eleccións sindicais estamos a vosa disposición no grupo CIG-Altia (http://groups.google.com/group/cig---altia ou http://www.facebook.com/home.php?sk=group_137884829619670).

Ningún comentario:
Publicar un comentario