- Definición e compensación das horas extras.
Inda que o convenio colectivo regula a compensación por horas extraordinarias, na práctica non sempre se aplica. O noso obxectivo é que se recoñezan as horas extraordinarias e se compensen segundo o especificado no convenio ou outros medios máis favorables para o traballador.
- Revisión e adaptación das categorías profesionais.
Consideramos necesaria unha revisión da correspondencia entre as categorías do convenio e as do plan de carreira de Altia, así como definir uns criterios obxectivos e medibles para acadar cada categoría.
- Consolidación do plus absorbible, especialmente nos salarios baixos.
Non aprobamos a absorción dos aumentos por Convenio e/ou antigüidade a costa do concepto compensable e absorbible, conxelando así os salarios. Vemos necesaria unha consolidación porcentual periódica que garanta unha mellora salarial anual.
- Oficialización do horario actual.
Consideramos necesaria a oficialización do horario que de facto está a ser o xeral no centro de traballo de Santiago de Compostela, así como promover a flexibilización da xornada e a semana comprimida, sempre buscando unha mellor conciliación da vida laboral e familiar.
- Implantación de medidas efectivas de saúde laboral.
É unha das nosas prioridades velar, non só pola prevención de riscos laborais, senón tamén por que os empregados poidan desenvolver a súa actividade nun ambiente adecuado e baixo unhas condicións de traballo xustas.
- Medidas de fomento do tele-traballo.
O tele-traballo aporta vantaxes tanto para os traballadores (maior autonomía e flexibilidade, redución de custos e tempo de desprazamento, ...) como para a empresa (redución de gastos, espazo de oficina, ...). Vemos positivo, polo tanto, estudar o xeito de implantar técnicas de tele-traballo de xeito efectivo.
- Plans de formación adaptados as necesidades da empresa.
A formación dos empregados é un valor engadido para empresa, e se esta formación se adapta as necesidades desta aporta unha meirande liberdade a hora de recolocar os empregados entre os distintos proxectos e a mellorar a metodoloxía de traballo empregada no día a día.
- Revisión dos contratos de permanencia vinculados á formación.
O artigo 21.4 do Estatuto dos Traballadores regula a posibilidade do uso de pactos por parte do empregador para evitar, como excepción, a posibilidade de que o traballador poda exercer o seu dereito a rescindir o unilateralmente a relación laboral. O noso obxectivo é evitar o uso deste tipo de pactos de xeito ilícito ou con carácter abusivo.
- Bolsa de horas e flexibilidade horaria para a formación persoal.
Cando a perda de horas de traballo por formación sexa recuperable cremos que o emprego de bolsas de horas pode ser unha alternativa ós contratos de permanencia aplicados na actualidade.
- Comedor no centro de traballo.
Cando entrou en funcionamento a oficina do Milladoiro comentouse a posibilidade de habilitar un comedor a disposición dos empregados. Actualmente a oficina non dispón dun espazo adecuado para que os empregados que o precisen poidan comer e estase a empregar a sala do café, que resulta insuficiente.
- Solicitude de beneficios sociais.
Son moitas as empresas que ofertan distintos beneficios sociais (seguros de saúde, servizo de gardería, ...) ós seus empregados como medio de retribución complementario ó salario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario