O mércores, día 2 de novembro, constituíuse o Comité de Altia. CCOO e UXT adxudicáronse Presidencia (para CCOO) e Secretaría (para UXT), votándose mutuamente as súas propostas.
A CIG propuxo realizar un posicionamento sobre os traslados previstos para o día 7 de novembro de traballadores de Vigo a Compostela. Informou que os traballadores afectados viñan realizando as súas funcións en Vigo, nalgún caso desde fai dous anos sen ningún tipo de impedimento, e que a empresa decidiu realizar o seu traslado por segunda vez este definitivo, de forma unilateral, despois de que a inspección de traballo resolvese que o seu centro de traballo era o de Vigo e ordease o retorno ó mesmo dous días antes das eleccións. CCOO propuxo que se solicitara información sobre todos os traballadores que teñen acordos polo que están desempeñando as súas funcións en centros de traballo distinto a aquel para o que foron contratados, ademais da información sobre o traslado dos traballadores de Vigo.
A CIG comprometeuse a presentar unha proposta de Regulamento de funcionamento do Comité e o resto de forzas dixeron que tamén o farían.

Ningún comentario:
Publicar un comentario