O pasado mes de maio a CIG levou as súas propostas á Mesa de Negociación do Convenio Colectivo de Consultorías. Na reunión, que tivo lugar en Madrid, a Confederación Intersindical Galega levou as propostas que se detallan máis abaixo e que foi froito da consulta a afiliados e delegados do sector.
A día de hoxe o convenio encóntrase prorrogado até o 31 de Decembro deste ano sen grandes avances por parte da patronal que reclama a conxelación e absorción da antigüidade, unha subida para os anos 2010,2011 e 2012 dun 3% en total e a unificación das categoría profesionais para facilitar a mobilidade dos traballadores.
________________________________
Desde a Confederación Intersindical Galega non podemos negar
a existencia dunha situación de crise profunda que leva a unha menor
contratación de servizos e dificulta e retrasa o cobro de facturas emitidas complicando
gravemente a liquidez dalgunhas empresas do sector e, incluso, dificultando a viabilidade
dalgunhas delas.
Sen embargo non se pode aplicar de forma xeralizada esta
visión ás empresas do sector onde podemos atopar empresas con beneficios netos
140% superiores no 2012 en comparación cos do 2011 ou empresas en plena
expansión por varias comunidades do Estado.
Supresión do
Complemento de antigüidade
O complemento de antigüidade non é unha mera retribución en
función do tempo transcorrido nunha empresa. Este complemento remunera o
traballo que realiza un traballador cunha experiencia recoñecida na empresa e a
súa capacidade de solventar con maior axilidade os problemas que se lle
plantexa. É unha retribución á produtividade e non un mero mecanismo automatizado
de incremento do salario
O feito de que existan sentenzas que consideran que o
complemento de antigüidade non é absorvible non é un argumento relevante para a
súa supresión pois non aporta outra forma de compensación da experiencia
adquirida e, polo tanto, da maior produtividade do traballadores que adquiren
ese dereito. Incluso se pode dicir que as propias sentenzas fundamentarían o
mantemento dese complemento sendo este irrenunciable.
Táboas salariais
E unha realidade que os salarios previstos no convenio están
conxelados desde o ano 2009. Dous anos de conxelación salarial supuxeron xa un
esforzo relevante para os traballadores e traballadoras permitindo unha
capitalización importante para empresas obrigadas polo presente convenio e unha
maior competividade das mesmas.
A utilización que as empresas realizaron das cantidades non
abonadas pola non actualización dos salarios do convenio é responsabilidades
destas, non podendo seguir esixindo máis esforzos aos traballadores.
Nese sentido a subida salarial do IPC incrementada en 1% é
unha proposta realistas que non cubriría, sequera, o esforzo realizado xa polos
traballadores nos últimos 2 anos.
Plus de Turnicidade
A aplicación de horarios nas empresas, e en destino,
establecidos en función dos contratos realizados cos clientes levan incluso a
réximes de quendas de mañá, tarde e noite (24X7) sen que existan compensacións
ao quebranto que isto supón na conciliación da vida laboral e familiar. Faise
necesario polo tanto o establecemento dun plus de turnicidade para o persoal afectado polos traballos en
quendas equivalente a 140€ mensuais por 14 pagas.
Plus de Nocturnidade
No mesmo sentido, xeralízase tamén a realización de traballo
nocturno sen que se realice compensación algunha polos inconvenientes para a
saúde e para unha correcta conciliación da vida laboral e familiar. Neste
sentido propoñemos un incremento salarial do 25% para as horas realizadas entre
as 22:00 e ás 6:00. No caso de que se realizaran catro ou máis hora nesa franxa
horaria o incremento se aplicará a toda xornada.
Complemento de dispoñibilidade
Tampouco está previsto ningún tipo de compensación pola dispoñibilidade
que se ven esixindo aos traballadores que deben a acudir fora do seu horario
laboral para solventar incidencia ou manter en funcionamento os servizos esixidos
polos clientes nos contratos asinados pola empresa. Neste sentido faise
imprescindible unha compensación económica equivalente a 50€ mensuais por 14
pagas.
Contratos de prácticas.
É habitual por parte das empresas do sector a utilización
dos contratos de prácticas para a contratación de novos traballadores. Este
contrato, que ten unha redución salarial sobre as táboas salariais que supera
con crece a proposta da patronal de introducir
un nivel profesional cunha retribución sexa inferior nun 20% ao nivel máis
baixo e polo tanto xa suple con creces esa pretensión da patronal, non se
transforma en indefinido en moitas das contratacións realizadas sen que exista
ningunha xustificación para que iso aconteza. Isto leva a perda de persoal con
experiencia e que estivo percibindo unha retribución moi inferior ás
establecidas no convenio. Por ese motivo entendemos que os contratos de prácticas
realizados teñen que ter como obxectivo final a súa transformación en
indefinido salvo causa xustificada que deberá ser manifestada e argumentada
pola empresa.
Formación
En aplicación da normativa vixente, a empresa terá a obriga
de facilitar 20 hora anuais de formación que se acumularán automaticamente de
non seren consumidas. O non consumo das horas de formación será de mutuo acordo
entre a empresa e o traballador.
A empresa deberá facilitar tamén a formación online até un
máximo de 20 horas anuais independentemente de que esta sexa esixida pola
empresa ou solicitada polo traballador.
Denuncia, revisión e
prórroga
Denunciado o presente Convenio Colectivo e mentres non sexa
substituído por outro novo Convenio, manterán a súa ultractividade prorrogándose
tacitamente de ano en ano, namentres non se chegue a un acordo entre as partes.
No caso de prorrogarse, efectuarase un incremento salarial
equivalente ao incremento porcentual do IPC no seu conxunto nos 12 meses anteriores
máis 1 punto.
Prestacións por
enfermidade e accidente de traballo.
Tendo en conta a actual normativa laboral sobre absentismo e
as súas posible consecuencias en caso de IT, xunto coas actuais estatística que
afirman existir unha redución das horas de IT collidas polos traballadores; as
empresas afectadas por este Convenio, e tendo en conta , desde o primeiro día
da correspondente baixa, complementarán as prestacións dos seguros de
enfermidade e accidentes de traballo, ata o 100 por 100 do salario durante un
prazo máximo de doce meses, a partir da baixa. Incluído o 100% das pagas
extras.
Teletraballo
Os asinantes deste Convenio avanzarán en fórmulas de
aplicación do teletraballo como forma dunha mellor organización do traballo na
empresa e encamiñada a conciliación da vida familiar e laboral, con especial
atención aos traballadores con discapacidades, embarazadas ou traballadores con
persoas a cargo.
Permisos retribuídos.
Os traballadores, previo aviso e xustificación, poderán
ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e
polo tempo seguinte:
Quince días naturais en caso de matrimonio ou
inscrición como parella de feito.
Conforme ao teor literal do vixente artigo
37.3.b do Estatuto dos Traballadores, «Dous días polo nacemento de fillo e polo
falecemento, accidente ou enfermidade graves, hospitalización ou intervención
cirúrxica sen hospitalización que precise repouso domiciliario, de parentes ata
o segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando con tal motivo o
traballador necesite facer un desprazamento ao efecto, o prazo será de catro días.
No caso de falecemento do cónxuxe, pais ou fillos o permiso será o establecido
no seguinte inciso c). En todos os supostos non será obrigatorio o goce dos
mencionados permisos retribuídos nas datas inmediatamente consecutivas ao
feitos causante, podéndose xestionar os mesmos segundo as necesidades do
traballador.
Catro días nos casos de falecemento de cónxuxe,
pais ou fillos, incluíndose neste tempo os posibles desprazamentos.
Dous días por traslado de domicilio habitual,
que serán tres no caso de traslado ou desprazamento do Centro de Traballo.
Polo tempo indispensable, para o cumprimento dun
deber inescusable de carácter público e persoal. Neste supostos se inclúe a
asistencia as consultas médicas do propio traballador e o acompañamento ás
consultas médicas dos seus fillos ou dependentes a cargo até segundo grado de
consagüinidade ou afinidade. Así como o acompañamento ás consultas medidas dos
pais e parellas no caso de accidente ou enfermidades graves.
Para realizar funcións sindicais ou de
representación do persoal nos termos establecidos na lei e no presente
Convenio.
Conforme ao teor literal do vixente artigo
37.3.f do Estatuto dos Traballadores, «Polo tempo indispensable para a
realización de exames prenatais e técnicas de preparación ao parto que deban
realizarse dentro da xornada de traballo».
Xornada Laboral
Co obxectivo de conciliar a vida laboral e familiar, os
traballadores e traballadoras que non estean desprazados a outra empresa ou
obras por razón de servizo, ou aínda estando desprazado o contrato de
prestación do servizo así o permita, gozarán dunha xornada flexible nas
entradas e saídas en función das necesidades do traballador, espetándose un
número de horas de presenza común que non superará as seis horas que se
establecerá de mutuo acordo coa representación dos traballadores.