Un
dos acordos aos que se chegou na reunión anterior foi enviar un correo electrónico
á empresa para que eliminasen as modificacións no tema das vacacións que se
fixo sen acordo co comité, pero non se obtivo resposta da empresa, nin se
eliminou a modificación. Segundo explica Renato, o prazo para realizar a
reclamación xa tería prescrito. Por outra banda, si se realizou unha
modificación na intranet que permitirá que se avise aos traballadores dos
futuros cambios a través de correo electrónico, algo que os delegados da CIG
solicitamos na anterior, pero non se chegara a un acordo para solicitalo.
Trátase
o tema dos traballadores do proxecto de Administración de Sistemas no CPDi, que
asinaron un anexo con condicións que varían duns a outros (redución da xornada,
diferentes pluses).
Volvendo ó tema da formación, informamos de que non se están xestionando as horas de formación
fóra do horario igual en tódolos proxectos, e tamén de que algúns cursos non
foron comunicados ao comité, polo que non deberá ser incluído na solicitude de
subvencións da Tripartita.
Entre
os acordos aos que se chega están peticións dos delegados da CIG de solicitar información á empresa sobre a xestión
da formación, pendente de reunións anteriores, e sobre a promoción de
traballadores en categorías Júnior.
Ningún comentario:
Publicar un comentario