Últimas novas

martes, 12 de novembro de 2013

Reunión do Comité 03/10/2013

Nesta reunión fálase da modificación das cláusulas que se inclúen nos anexos dos contratos dos traballadores actualmente, entre elas o máximo de horas extra a realizar polo traballador, que serán de 80 anuais sendo consideradas coma tales as que pasen de 1800, ademais da indicación de que as vacacións son interrompidas no caso dun período de baixa do traballador.

Tamén se trata a proposta dos delegados da CIG feita nunha reunión anterior de realizar un convenio de empresa, e indicamos que estivemos traballando nun borrador do mesmo que lle enviaremos ao resto de membros para que na próxima reunión do comité se poida debater.

Nós volvemos sacar outro tema importante que segue sen aclararse, a xestión das horas de formación. A empresa ten pendente indicar como se xestionan as horas fóra do horario laboral, levado á reunión de abril deste ano do comité polos delegados da CIG. Ademais, segundo a información da que dispoñemos, non se están aplicando os mesmos criterios en tódolos proxectos, estando nunha situación especialmente confusa os proxectos nos que a súa formación é esixida polo propio cliente, xa que non debería ser o traballador o que cargue co custo nin de horas nin doutro tipo da realizaciónd dun curso.

Por outra banda, a tardanza no envío das últimas actas das reunións do comité (abril, maio, xullo do 2013) é algo que nos parece inxustificable, xa que se lles deu un prazo ós mebros do comité de 3 días laborables para revisalas todas, e unha vez finalizado este prazo o 26 de xullo, as actas non se enviaron ata o 27 de setembro, a pesar de que se lle enviou un correo recordadorio ó secretario en agosto para confirmar que non había ningún problema e que as distribuíse. Neste tempo tampouco se celebraron reunións do comité aínda que está establecida a celebración mensual, sendo esta a seguinte reunión dende o 11 de xullo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Designed By