Últimas novas

mércores, 13 de novembro de 2013

Descontos para empregados e convenio empresa

Os últimos meses estivemos traballando en dúas ideas importantes das que vos queremos informar. A primeira é a proposta dun convenio propio que presentarlle á empresa para o noso centro de traballo. Partindo do convenio actual, intentamos incluír outras realidades que naquel non se contemplaban e engadir melloras. Este convenio é a proposta dos delegados da CIG, e por suposto deberá ser debatido no propio comité de empresa, pero gustaríanos que todo o mundo puidese dar a súa opinión e aportar as melloras que considere.

Por outra banda, debido a que por outros medios
non se conseguiron beneficios para os traballadores, decidimos intentar animar a empresas da zona de Santiago e Milladoiro para que fixesen algún tipo de oferta ou promoción para os empregados desta oficina. De maneira incriblemente xenerosa, quixeron participar nesta idea de maneira desinteresada, xa que son eles os que fan o desconto e asumen a diferencia sobre o prezo normal nos seus productos e servizos. Sen eles esta iniciativa non tería sido posible. Por todo esto, estamos moi contentos coa súa resposta e gustaríanos darlles as gracias a todos por participar:


(ESTES DESCONTOS NON SON ACUMULABLES A OUTRAS PROMOCIÓNS NIN APLICABLES A ARTIGOS QUE XA TEÑAN DESCONTO)

SAÚDE

CLÍNICA FISIOTERAPIA LAURA MIGUEZ
Rúa Palmeiras 31, baixo. Novo Milladoiro. Ames.
Teléfono 881939453
http://www.fisioterapialauramiguez.com
Desconto: 10% 
(non aplicable a bonos nos que xa se aplica un desconto do 20%)

MASAXES QUIROS
Rúa Entremuros 15 - 1º. Santiago.
Teléfono 696248546
http://www.actiweb.es/masaxesquiros
Desconto:  15 euros a masaxe de 50 minutos (25% de desconto)
20 euros a masaxe de pedras quente (33% de desconto)
50 euros o bono de 4 masaxes

ÓPTICA TAMBRE
Rúa Curuxa 1 Local 5º B, Milladoiro. Ames.
Teléfono 981536138
http://www.opticatambre.com
Desconto: 20% vale

POLICLÍNICA DE ODONTOLOXÍA
PATRICIA HERMO
Rúa Feliciano Barrera Fernández, 11 - baixo. Santiago.
http://www.patriciahermo.com
Teléfono 981523990
Desconto: 15% (limpeza normal quedaría en 34 euros)

BELEZA

BUBUE PERRUQUERÍA UNISEX
Rua Frai Rosendo Salvado 19. Santiago.
Teléfono  881973282
http://www.bubue.es
Desconto: 10% en productos e servicios
(desconto non acumulable con outras ofertas puntuais ou permanentes, coma a de familia numerosa ou a estudiantes que tamén aplican)

CONCHI NIETO ESTILISTAS CENTRO BELEZA UNISEX
Avenida de Lugo 26, baixo. Santiago.
Teléfono 981564721
http://www.conchinietoestilistas.com
Desconto:
15% en servicios
10% a familiar ou amigo ao que acompañen
10% en productos

VARIOS

FILMATE FOTOGRAFÍA VIDEO
Rúa Sánchez Freire 22, Conxo. Santiago.
Teléfono 981520580
Rúa Rosalía de Castro 27, Milladoiro. Ames.
Teléfono 981940580
http://www.filmate.es
Desconto: 10% vale

LIBRARÍA O COUCEIRO
Praza de Cervantes 6. Santiago.
Teléfono 981586237
http://www.librariacouceiro.com
Desconto: 5%

ESPAZO ABERTO
Rúa de San Pedro 48, baixo. Santiago.
Teléfono 981588290
http://espazoaberto.net
Desconto: 15%  nos seguintes cursos ou talleres:
para adultos
    Danza Moderna. Impartido por Xus Raíndo
    Traballo Corporal. Impartido por Carlos Neira
    Teatro aficionado. Impartido por Carlos Neira
    Expresión Oral. Impartido por Cristina Domínguez
para nenos e nenas
    Teatro. (grupos según idades). Impartido por Eleazar López
    Teatro Musical. Impartido por Xus Raíndo


Read more ...

martes, 12 de novembro de 2013

Reunión do Comité 03/10/2013

Nesta reunión fálase da modificación das cláusulas que se inclúen nos anexos dos contratos dos traballadores actualmente, entre elas o máximo de horas extra a realizar polo traballador, que serán de 80 anuais sendo consideradas coma tales as que pasen de 1800, ademais da indicación de que as vacacións son interrompidas no caso dun período de baixa do traballador.

Tamén se trata a proposta dos delegados da CIG feita nunha reunión anterior de realizar un convenio de empresa, e indicamos que estivemos traballando nun borrador do mesmo que lle enviaremos ao resto de membros para que na próxima reunión do comité se poida debater.

Nós volvemos sacar outro tema importante que segue sen aclararse, a xestión das horas de formación. A empresa ten pendente indicar como se xestionan as horas fóra do horario laboral, levado á reunión de abril deste ano do comité polos delegados da CIG. Ademais, segundo a información da que dispoñemos, non se están aplicando os mesmos criterios en tódolos proxectos, estando nunha situación especialmente confusa os proxectos nos que a súa formación é esixida polo propio cliente, xa que non debería ser o traballador o que cargue co custo nin de horas nin doutro tipo da realizaciónd dun curso.

Por outra banda, a tardanza no envío das últimas actas das reunións do comité (abril, maio, xullo do 2013) é algo que nos parece inxustificable, xa que se lles deu un prazo ós mebros do comité de 3 días laborables para revisalas todas, e unha vez finalizado este prazo o 26 de xullo, as actas non se enviaron ata o 27 de setembro, a pesar de que se lle enviou un correo recordadorio ó secretario en agosto para confirmar que non había ningún problema e que as distribuíse. Neste tempo tampouco se celebraron reunións do comité aínda que está establecida a celebración mensual, sendo esta a seguinte reunión dende o 11 de xullo.

Read more ...

Reunión do Comité 11/07/2013

Nesta reunión, á que asistiu o representante da CIG, o presidente aproveita para preguntarlle sobre a actual situación das negociacións do convenio que nos afecta. A resposta é que existe unha prórroga de 3 meses (a día de hoxe o convenio está prorrogado até o 31 de decembro), e tamén comenta que aínda non houbo resposta da comisión paritaria sobre a consulta que lles fixo para que se pronunciasen no tema dos permisos por falecemento que aparece no convenio.

Un dos acordos aos que se chegou na reunión anterior foi enviar un correo electrónico á empresa para que eliminasen as modificacións no tema das vacacións que se fixo sen acordo co comité, pero non se obtivo resposta da empresa, nin se eliminou a modificación. Segundo explica Renato, o prazo para realizar a reclamación xa tería prescrito. Por outra banda, si se realizou unha modificación na intranet que permitirá que se avise aos traballadores dos futuros cambios a través de correo electrónico, algo que os delegados da CIG solicitamos na anterior, pero non se chegara a un acordo para solicitalo.

Trátase o tema dos traballadores do proxecto de Administración de Sistemas no CPDi, que asinaron un anexo con condicións que varían duns a outros (redución da xornada, diferentes pluses).

Volvendo ó tema da formación, informamos de que non se están xestionando as horas de formación fóra do horario igual en tódolos proxectos, e tamén de que algúns cursos non foron comunicados ao comité, polo que non deberá ser incluído na solicitude de subvencións da Tripartita.

Entre os acordos aos que se chega están peticións dos delegados da CIG de solicitar información á empresa sobre a xestión da formación, pendente de reunións anteriores, e sobre a promoción de traballadores en categorías Júnior.
Read more ...
Designed By